Xestega Enxeñería Agroforestal

Xestega enxeñería nace no ano 2.008 por iniciativa de dous enxeñeiros técnicos coa finalidade da captación de recursos europeos a través dos fondos FEADER e PAC, para a modernización dos sectores agrícola e gandeiro na zona centro da provincia de Lugo.

Co paso do tempo, grazas a confianza depositada polos clientes, acadamos a experiencia necesaria para dar solucións a calquera reto no rural, ben con recursos propios ou a través de colaboracións con outros profesionais de diferentes ámbitos. Na actualidade prestase servizo en toda Galicia.

Xestega enxeñería ten como principais clientes a particulares, profesionais do sector agrícola e gandeiro e cooperativas.

Xestega enxeñería, é Entidade de Asesoramento recoñecida pola Consellería do Medio Rural, e actúa como entidade colaboradora para o FOGGA para a tramitacións das Axudas de Pago Único.